DÍA DE SURF, NOITE NO COLE

Por fin, despois dun tempo de selección de fotos (había case 300) podedes ver esta presentación que trata de amosar as vivencias dos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria durante a convivencia.
A cara é o espello da alma, e os rapaces amosan sorrisos continuos... sinal de que foi unha boa experiencia que desexamos lembren para sempre.
Tamén queremos agradecer aos alumnos/as o seu excepcional comportamento e saber estar, así como o compañeirismo vivido.

 Moitas grazas aos pais/nais polo seu apoio!!!


ATERRAXES VERDES

Os alumnos de 5º e 6º visitaron o Aeroporto de Vigo baixo o Programa de Enaire "Aterrizajes Verdes". Foi unha experiencia moi gratificante tanto para alumnos como para os mestre, posto que ademais de ser moi participativo ensinounos moito sobre o funcionamento do aeroporto.
Agora sabemos que existen distintos tipos de Controladores Aéreos, e que a súa labor e fundamental no tanto para o despegue como para as aterraxes.
Os nosos alumnos foron moi Verdes e lograron diminuir cos seus programas de voo o nivel de contaminación acústica. Son uns verdadeiros pilotos!!!