CATAMOS MOSTRAS DE ACEITE DE OLIVA

Como sabedes, a nivel mundial existen aproximadamente 2000 variedades de oliveiras, e en España unhas 262. Para poder comprobar que os aceites teñen diferentes aromas e sabores segundo a súa variedade, na escola probamos catro tipos de aceites (picual, arbequina, hojiblanca e cornicabra) tratando de "adiviñar" de que tipo era cada mostra... A cata resultou máis acertada do que esperabamos e sobre todo a esas horas da mañá nas que un rico refrixerio non ven nada mal, e máis se nos aporta aceites Omega 3 e Polifenoles que preveñen o noso envellecemento celular.
Coas marabillosas explicacións das monitoras quedounos ben claro que o aceite de oliva é bo para a saúde e sería un bo almorzo ou merenda (e que incluso podemos mezclar con cacao... ou pasta de cacao!!!).
Vede aquí un pequeno resumo desta estupenda actividade. 
 

DESPEDIDA DO ENTROIDO 2015

Como vén sendo todos os anos, os alumnos de 5º foron os encargados de confeccionar a fermosa sardiña coa que despedimos o noso Entroido. O día do enterro, houbo choros, bágoas pero tamén unhas palabras na súa memoria... Pequena xoubiña, nunca esqueceremos a boa labor que fixemos contigo. Descansa eternamente!!!

Hoxe estamos de loito,
o Entroido chega a súa fin,
a sardiña con el se apaga, 
e este lume que tanto queima
a converterá en xoubiña asada.

Que tristeza, que emoción,
o Entroido remata,
e este frío a calquera mata,
esperamos que veña pronto a primavera,
que encha de flores os campos
e que poidamos esquecer tantos prantos.

Tanta crise, tanta corrupción
enchen xuntas máis dun camión,
mentres os cartos se leven da nación, 
non haberá para tanto político perdón.

Os bancos dos grandes peixes atópanse en paraísos,
a nose triste sardiña está chea de sorrisos
pois resulta que agora,
os peixes gordos nadan fóra da auga,
e non cheiran a mar precisamente,
cheiran a chourizo constantemente.

Por mor disto, 
a nosa sardiña grita sen consolo,
"non son xouba, son xurelo,
deixádeme libre...
deixádeme ceibe...
imploro o voso perdón, para liberarme desta maldición".

E nós repetimos con consternación,
ata logo xoubiña,
ata logo pequena sardiña,
arde moito, arde ben
e alégranos o día tamén.

CÁLCULO MENTAL

Con este divertido juego podrás poner en práctica tu habilidad mental con las sumas y las restas. Corre, el reloj va en tu contra. Compite contigo mismo tratando de mejorar tu puntuación. ¿Te atreves?