BENVIDOS A UN NOVO CURSO




Benvidos a un novo curso, con novos alumnos e novas actividades. Espero que as diferentes entradas do blogue satisfagan as necesidades do alumnado en xeral. Tratarei de introducir actividades, vídeos e incluso xogos que faciliten e melloraren aqueles coñecementos impartidos no día a día da aula. 
Lémbrovos que podedes consultar as entradas antigas que están clasificadas por materias e tipo segundo as súas categorías. Espero que vos sexa útil e que lle saquedes proveito.
Moitas grazas pola vosa colaboración e interese. Sin vos (alumnos e pais) este blogue non tería sentido.
                                                                                                                               A titora.

O MELLOR AMIGO, UN BO LIBRO

Na lectura debemos de coidar dúas cousas:
escoller ben os libros, e lelos ben.
(Jaime Balmes)

Que a lectura vos acompañe durante estes meses de vacacións. 
Nota: dentro de cada grupo, as lecturas están ordenadas de menor a maior dificultade.


LINGUA CASTELÁ 

NARRATIVA
  • "HISTORIAS DE FRANZ". Christine Nöstlinger. SM/ Barco de Vapor.
  • "MI TÍO TEO". Pilar Mateos. Anaya/ El duende verde (colección).
  • "EL HIJO DEL JARDINERO". Juan Farias/ El duende verde (colección).
  • "OPOSICIONES A BRUJA Y OTROS CUENTOS". José Antonio del Cañízo. Anaya (El duende verde).
  • "LOS VIAJES DE PERICOT". Carles Cano. Anaya (El duende verde).
  • "EL COMPLOT DE LAS FLORES". Andrea Ferrari. SM (El Barco de Vapor).
  • "EL HOMBRECITO VESTIDO DE GRIS Y OTROS CUENTOS". Fernando Alonso. Alfaguara.
  • "LA MARAVILLOSA MEDICINA DE JORGE". Roald Dahl. Alfaguara.
  • "BEN QUIERE A ANNA". Peter Härtling. Alfaguara.
POESÍA
  • "LETRAS PARA ARMAR POEMAS" (Antología de Ana Pelegrín). Alfaguara.
  • "CANCIONES Y PALABRAS DE OTRO CANTAR". Juan Carlos Martín Ramos. Edelvives.
LINGUA GALEGA

NARRATIVA
  • "A FORMIGA COXA". Marilar Aleixandra. Xerais. Merlín.
  • "VERBAS DE SAL". Antonio García Teijeiro. Xerais. Merlín.
  • "NO CORAZÓN DO BOSQUE". Agustín Fernández Paz. Xerais. Sopa de libros.
  • "OS NEGOCIOS DO SEÑOR GATO". Gianni Rodari. Xerais. Sopa de libros.
  • "CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE". Roald Dahl. Xerais. Merlín.
  • "XENARO E O MISTERIO DA MOCHILA VERDE". Mar Guerra. Xerais. Merlín.
  • "OS PIRATAS DA ILLA DA ESPERANZA". X. H. Rivadulla Corcón. Xerais. Merlín. 
TEATRO
  • "O MAQUINISTA ANTÓN". An Alfaya. Xerais. Merlín.
  • "RESTAURANTE FARRUCO". Chus Pereiro. Xerais. Merlín.
  • "A PRINCESIÑA SOCORRO, O TROBEIRO CAROLO E O DEMO DOS CORNOS". Gloria Sánchez e Miguel Vázquez Freire. Xerais Merlín.
  • "SOPA DE XAROPE DE AMORA". Xosé A. Neira Cruz. Xerais.
POESÍA
  • "A SOMBRA DO LUEIRO DE PAPEL". Antonio García Teijeiro. Everest. 
  • "BOLBORETAS NO PAPEL". Antonio García Teijeiro. Tambre.
  • "RECENDOS DE AIRE SONORO". Antonio García Teijeiro. Xerais (Sopa de libros).
  • "AS CATRO ESTACIÓNS". Antonio García Teijeiro. Galaxia. Árbore (colección).
  • "VAIA TROPA". Antón Cortizas. Xerais. Merlín.

Disfrutade coa lectura!!!
Boas vacacións. A vosa titora.

ÁNGULOS

Pon a prueba tus conocimientos sobre los ángulos, traslaciones, giros y simetrías jugando. ¿Serás capaz de hacer que el camaleón o la araña coman el máximo número posible de pequeños animalitos en el menor número posible de intentos? 






O APARATO LOCOMOTOR HUMANO

Como xa sabedes, o aparato locomotor é o responsable de levar a cabo a resposta producida polo sistema nervioso. Nestes enlaces poderedes repasar e profundizar un pouco máis en cada un dos sistemas que o forman: o sistema óseo e o sistema muscular, e que constitúen os órganos efectores na función de relación humana. 


O ESQUELETO



CLIMAS DE ESPAÑA

Rapaces, non vos perdades este pequeno vídeo donde poderedes ver un esquema das características dos principais climas do noso país. 


SISTEMA SEXAGESIMAL

En los siguientes enlaces podréis practicar ejercicios del sistema sexagesimal y el sistema monetario. Algunos de los enlaces son divertidos juegos didácticos y otros simplemente ejercicios interactivos para comprobar vuestra destreza en este campo. ¡Ánimo!









O SISTEMA NERVIOSO

A relación humana consiste en percibir os cambios que se producen no noso entorno para poder reaccionar ante eles emitindo unha resposta que pode ser motora ou secretora. Esto significa que na función de relación (propia dos seres vivos) interveñen varios aparatos e sistemas. En primeiro lugar, son os órganos dos sentidos e as células receptoras os encargados de percibir os cambios do medio mediante a captación dos diferentes estímulos, e o sistema nervioso conduce esa información ata o centro de operacións (sistema nervioso central) que se encarga de analizar a información e elaborar unha resposta.
Nestes enlaces poderedes examinar a estructura e fisioloxía do sistema nervioso así como o funcionamento dos órganos dos sentidos. Espero que vos sexa de utilidade!!!






A DERIVA DOS CONTINENTES

Como sabedes, nesta avaliación os traballos de naturais tiveron como obxectivo coñecer un pouquiño a vida e as facetas de grandes investigadores, científicos e inventores que fixeron posible o coñecemento do noso planeta, a utilización de diferentes instrumentos que nos facilitan o día a día e preservan a nosa saúde, etc. Un destes grandes científicos foi Alfred Wegener, pai da teoría da Deriva Continental que suscitou unha enorme curiosidade por parte dos alumnos. Despois de explicarlles brevemente a existencia dun único continente (Pangea) que se fragmentou en dous (Lawrasia e Gondwana) a súa curiosidade foi en aumento...
Para facilitar a comprensión sobre a formación dos continentes e das grandes elevacións que existen na Terra, déixovos unha serie de enlaces moi didácticos e interesantes para poder responder á vosa curiosidade sobre o tema. Espero que vos gusten e que os animen a investigar pola vosa conta. E sobre todo, nunca perdades a curiosidade por coñecer máis!!!








ODAIKO INVENCIÓN

Odaiko Percussion Group (OPG) toma o seu nome do ODAIKO, un tambor tradicional xaponés de grandes dimensións e con 1,2 metros de diámetro e 1,5 de profundidade, chegando a ser necesarias tres persoas para poder ser tocado.
O pasado mércores día 11 de marzo tivemos a oportunidade de asistir ao seu novo espectáculo INVENCIÓN, e como sempre, non defraudaron. Invención representa un percorrido histórico polos grandes inventos da humanidade dende o século XVIII ata a actualidade. Primeiramente, preséntannos as grandes invencións do músico clásico J. S. Bach para repasar os distitnso inventos que xurdiron coa industrialización, a introdución do plástico etc. Odaiko Percussion Group mostra un inxenio tremendo e anima ao público a participar durante toda a súa actuación. Fabulosos!!! É incrible como se pode crear un espectáculo tan orixinal e fascinante cun andamio, uns cantos tubos de PVC e pouco máis... 

Se queredes coñecelos máis a fondo, visitade ao grupo ODAIKO na súa páxina web.

RESUMEN SISTEMA MÉTRICO. FORMA COMPLEJA E INCOMPLEJA

Para seguir afianzando los conceptos, os dejo en este enlace una serie de ejercicios y actividades que os ayudarán a repasar toda la unidad del sistema métrico decimal, y además, podréis practicar la conversión de la forma compleja a la incompleja y viceversa.


MEDIDAS DE MASA

Aquí tenéis otros tres enlaces para realizar actividades sobre las unidades de masa. Incluye juegos didácticos así que no hay excusas para no practicar. ¡No hay mejor manera de aprender que pasándolo bien!


OS CLIMOGRAMAS

Os climogramas son gráficos onde podemos representar ao mesmo tempo as temperaturas e precipitacións de un determinado lugar e nun período de tempo que normalmente é dun ano. Este gráfico serve para comparar os climas de diferentes zonas do planeta ou incluso comparar a evolución climática dunha mesma zona con respecto ao paso dos anos.
Se queredes realizar climogramas non vos perdades estes enlaces!!





MEDIDAS DE LONGITUD

Para practicar lo aprendido en clase os propongo que visitéis el siguiente enlace, donde tendréis un gran amplio abanico de actividades sobre las medidas de longitud. 

CATAMOS MOSTRAS DE ACEITE DE OLIVA

Como sabedes, a nivel mundial existen aproximadamente 2000 variedades de oliveiras, e en España unhas 262. Para poder comprobar que os aceites teñen diferentes aromas e sabores segundo a súa variedade, na escola probamos catro tipos de aceites (picual, arbequina, hojiblanca e cornicabra) tratando de "adiviñar" de que tipo era cada mostra... A cata resultou máis acertada do que esperabamos e sobre todo a esas horas da mañá nas que un rico refrixerio non ven nada mal, e máis se nos aporta aceites Omega 3 e Polifenoles que preveñen o noso envellecemento celular.
Coas marabillosas explicacións das monitoras quedounos ben claro que o aceite de oliva é bo para a saúde e sería un bo almorzo ou merenda (e que incluso podemos mezclar con cacao... ou pasta de cacao!!!).
Vede aquí un pequeno resumo desta estupenda actividade. 
 

DESPEDIDA DO ENTROIDO 2015

Como vén sendo todos os anos, os alumnos de 5º foron os encargados de confeccionar a fermosa sardiña coa que despedimos o noso Entroido. O día do enterro, houbo choros, bágoas pero tamén unhas palabras na súa memoria... Pequena xoubiña, nunca esqueceremos a boa labor que fixemos contigo. Descansa eternamente!!!

Hoxe estamos de loito,
o Entroido chega a súa fin,
a sardiña con el se apaga, 
e este lume que tanto queima
a converterá en xoubiña asada.

Que tristeza, que emoción,
o Entroido remata,
e este frío a calquera mata,
esperamos que veña pronto a primavera,
que encha de flores os campos
e que poidamos esquecer tantos prantos.

Tanta crise, tanta corrupción
enchen xuntas máis dun camión,
mentres os cartos se leven da nación, 
non haberá para tanto político perdón.

Os bancos dos grandes peixes atópanse en paraísos,
a nose triste sardiña está chea de sorrisos
pois resulta que agora,
os peixes gordos nadan fóra da auga,
e non cheiran a mar precisamente,
cheiran a chourizo constantemente.

Por mor disto, 
a nosa sardiña grita sen consolo,
"non son xouba, son xurelo,
deixádeme libre...
deixádeme ceibe...
imploro o voso perdón, para liberarme desta maldición".

E nós repetimos con consternación,
ata logo xoubiña,
ata logo pequena sardiña,
arde moito, arde ben
e alégranos o día tamén.

CÁLCULO MENTAL

Con este divertido juego podrás poner en práctica tu habilidad mental con las sumas y las restas. Corre, el reloj va en tu contra. Compite contigo mismo tratando de mejorar tu puntuación. ¿Te atreves?


TODO DECIMALES

No dejeis de visitar esta página en la que encontrareis ejercicios para repasar lo visto en clase sobre las décimas, centésimas y milésimas.... Es genial!!!



REDONDEO NÚMEROS DECIMALES

Para todos los alumnos, y sobre todo para aquellos que tenéis dificultades en el redondeo de números decimales, aconsejo que pilotéis esta avioneta a ver si sois capaces de hacer que llegue a su destino.
Buena suerte!!!



XA ESTÁ AQUÍ O INVERNO

Como todos os anos, os nosos alumnos decoran os corredores con motivos invernais. Nesta ocasión, os alumnos de quinto fixeron un mural moi invernal... donde non puideron esquecer as fermosas folerpas de neve. Como veredes, están feitos uns artistas!!!

EN NADAL, 5º RECICLA

Como xa sabedes, os alumnos de 5º de primaria empregaron para realizar os adornos da árbore de nadal CD´s usados. As creacións foron boas e para mostra votade un vistazo ao seguinte vídeo onde tamén podemos ver a bota de Papá Noel realizada neste curso.

 

TOPO QUE?

Con este título, realizamos na aula de 5º de primaria unha actividade de Normalización Lingüística sobre os topónimos. Que son os topónimos? Espero que despois desta actividade todos podamos dar resposta a esta pregunta. Traballouse tamén cos topónimos propios da nosa cidade e tamén os alumnos tiveron que situar uns nomes de lugar no sitio preciso dunha fotografía dun entorno natural (o dicionario neste caso resultou moi útil).
 

PORTO DE VIGO

Os alumnos de 5º de primaria realizaron o pasado mes de decembro unha visita ao Porto de Vigo. O Presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) explicoulles aos rapaces a importancia da existencia dunha coopertiva de armadores en Vigo así como a súa historia. Posteriormente, realizamos unha visita a exposición "O arte de pescar". Os alumnos estiveron moi atentos ás explicacións por parte da monitora sobre as diferentes artes de pesca e os tipos de peixe que se captura con cada unha delas. Finalmente, xogaron por equipos a "Quen quere ser pescador?", onde puxeron a proba a atención mantida polo grupo durante toda a xornada a través de diversas preguntas. A miña felicitación aos rapaces polo seu magnífico comportamento!!!!