MAR DUN BOSQUE ENCANTADO

Os bosques de Galicia que albergan a maior biodiversidade animal non se atopan terra dentro, senón baixo as frías augas do océano Atlántico. Nas súas augas crece o bosque de algas; é o bosque mergullado, o máis poboado e frondoso, pero o máis descoñecido. Mar dun bosque encantado é unha viaxe xunto aos habitantes de tres misteriosos ecosistemas das rías galegas: un impenetrable bosque de macroalgas, o bosque de algas verdes, que viaxa á deriva e un bosque de algas petrificadas, o bosque en que a rocha cobra vida. Un traballo que desvela os comportamentos e as máis incribles estratexias para cazar e non ser cazado para camuflarse ou reproducirse.

VISITA A GRANXA "EL KIRIKO"

A visita a granxa escola "El Kirico" permitiu aos rapaces coñecer a importancia dunha alimentación saudable a través de diversas actividades sobre os alimentos.
Ademáis de pasar un bo día cos compañeiros os rapaces aprenderon conceptos novos como alimentos transxénicos, ou compost e agricultura ecolóxica sostible. En fin, todo un reto para eles, aos que felicito polo maravilloso comportamento e saber estar.

Para todos vos, non perdades este resumo.
 

A FOTOSÍNTESE

Non te perdas este pequeno vídeo sobre a fotosíntese. Nel poderás ver o que aprendiches sobre este proceso na aula.




FRACCIONES

En este enlace encontrareis actividades para practicar la unidad de las fracciones: fracciones equivalentes, ordenar fracciones, sumas y restas y multiplicaciones y divisiones. 
Practica lo que has aprendido en clase.



MAGOSTO 2014

O pasado venres 7 de outubro e como vén sendo ano tras ano, o colexio celebrou o seu tradicional magosto. Quero amosarvos nesta presentación o traballo manual realizado polos alumnos de 5º de primaria para decorar o patio da escola ese día, nin máis nin menos que cabazas de papel seguindo a técnica da papiroflexia. E como non, as fotografías tomadas durante a celebración do día. Que vos aproveite!!!! 

DOBRAXE NO COLEXIO

Os alumnos de 5º fixeron de actores por unha hora dobrando a un dos personaxes de ficción máis coñecido por eles. 
Gozaron da visita e explicacións aportadas por dous grandes profesionais, os actores e dobradores Manuel Pombal e Suso Pando, que de xeito moi ameno fixeron aos alumnos comprender todo o proceso necesario para que poidamos escoitar as películas estranxeiras na nosa lingua.
Pero o máis divertido de todo foi que eles mesmos participaron poñendo voces a esta serie de debuxos tan popular.

     
Este foi o resultado: