DIVISIÓN DE FRACCIÓNS

Practica a división de fraccións neste enlace, nel atoparás unha gran variedade de fraccións e poderás comprobar a túa evolución.



CÁLCULO MENTAL

Ola rapaces, rétovos a unha práctica de cálculo mental competindo cun can e en distintos niveis de dificultade. Quen se atreve?

MAR DUN BOSQUE ENCANTADO

Os bosques de Galicia que albergan a maior biodiversidade animal non se atopan terra dentro, senón baixo as frías augas do océano Atlántico. Nas súas augas crece o bosque de algas; é o bosque mergullado, o máis poboado e frondoso, pero o máis descoñecido. Mar dun bosque encantado é unha viaxe xunto aos habitantes de tres misteriosos ecosistemas das rías galegas: un impenetrable bosque de macroalgas, o bosque de algas verdes, que viaxa á deriva e un bosque de algas petrificadas, o bosque en que a rocha cobra vida. Un traballo que desvela os comportamentos e as máis incribles estratexias para cazar e non ser cazado para camuflarse ou reproducirse.

VISITA A GRANXA "EL KIRIKO"

A visita a granxa escola "El Kirico" permitiu aos rapaces coñecer a importancia dunha alimentación saudable a través de diversas actividades sobre os alimentos.
Ademáis de pasar un bo día cos compañeiros os rapaces aprenderon conceptos novos como alimentos transxénicos, ou compost e agricultura ecolóxica sostible. En fin, todo un reto para eles, aos que felicito polo maravilloso comportamento e saber estar.

Para todos vos, non perdades este resumo.
 

A FOTOSÍNTESE

Non te perdas este pequeno vídeo sobre a fotosíntese. Nel poderás ver o que aprendiches sobre este proceso na aula.




FRACCIONES

En este enlace encontrareis actividades para practicar la unidad de las fracciones: fracciones equivalentes, ordenar fracciones, sumas y restas y multiplicaciones y divisiones. 
Practica lo que has aprendido en clase.



MAGOSTO 2014

O pasado venres 7 de outubro e como vén sendo ano tras ano, o colexio celebrou o seu tradicional magosto. Quero amosarvos nesta presentación o traballo manual realizado polos alumnos de 5º de primaria para decorar o patio da escola ese día, nin máis nin menos que cabazas de papel seguindo a técnica da papiroflexia. E como non, as fotografías tomadas durante a celebración do día. Que vos aproveite!!!! 

DOBRAXE NO COLEXIO

Os alumnos de 5º fixeron de actores por unha hora dobrando a un dos personaxes de ficción máis coñecido por eles. 
Gozaron da visita e explicacións aportadas por dous grandes profesionais, os actores e dobradores Manuel Pombal e Suso Pando, que de xeito moi ameno fixeron aos alumnos comprender todo o proceso necesario para que poidamos escoitar as películas estranxeiras na nosa lingua.
Pero o máis divertido de todo foi que eles mesmos participaron poñendo voces a esta serie de debuxos tan popular.

     
Este foi o resultado:

SAMAÍN 2014

O Samaín é a festividade de procedencia celta máis importante da nosa cultura. Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, a celebración da fin das colleitas significaba tamén a apertura ao outro mundo. 
Con motivo desta celebración, os alumnos de 5º de primaria empregaron feitizos e maleficios para transformar uns simples materiais en fermosos, pero sinistros habitantes da noite....


RECURSOS VARIADOS

Neste enlace atoparedes recursos de matemáticas, sociais ou naturais. Incluso exercicios para repasar as tablas que tanto precisades!!! E xogos de cálculo mental!!!
Anímovos a navegar un pouco por esta páxina e claro está, propóñovos resolver as actividades que nos facilitan a comprensión destas materias.

MÚLTIPLOS

Practica a unidade dúas buscando os múltiplos de distintos números naturais cun xogo moi sinxelo.



DIVERMATES
Entrena a túa rapidez mental xogando coas matemáticas. Proba as distintas dificultades dos xogos, pero sobre todo: pasa un bo rato!!!!